TUI Airways

TUI Airways
IATA
BY
OACI
TOM
Indicativo
TUIAIR
Fundación1962 (como Britannia Airways)
Inicio das operacións1 de novembro de 2008 como Thomson Airways
2 de outubro de 2017 como TUI Airways
AlianzaTUI Airlines
Frota62
Destinos96
HoldingTUI Group
Eslogan da compañíaDiscover Your Smile
Sede
Páxina web: https://www.tui.co.uk

TUI Airways, acotío coñecida como TUI UK (anteriormente Thomson Airways), é a aeroliña chárter máis grande do mundo. Ofrece voos chárter e regulares dende o Reino Unido e Irlanda a destinos en Europa, África, Asia e Norteamérica. A compañía transportou 10,6 millóns de pasaxeiros no ano 2016, sendo a terceira maior aeroliña británica en número de pasaxeiros, tras easyJet e British Airways.[1]

A oficina do seu rexistro está na TUI Travel House en Crawley, West Sussex, pero as súas oficinas principais atópanse en Luton, Bedfordshire. TUI Airways Limited ten un certificado de operación aérea da Autoridade de Aviación Civil británica de tipo A, o cal lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avión de 20 ou máis asentos.

A aeroliña creouse tras a fusión da división de viaxes de TUI AG e de First Choice Holidays plc en setembro de 2007 para formar TUI Travel. As respectivas aeroliñas das dúas compañías, Thomsonfly e First Choice Airways, fusionáronse en maio de 2008 e pasaron a chamarse Thomson Airways en novembro dese ano. TUI Travel fusionouse con TUI AG para formar o TUI Group en decembro de 2014.

A compañía cambiou oficialmente o seu nome legal de Thomson Airways a TUI Airways o 2 de outubro de 2017.[2] Este cambio realizouse para estar acorde coas súas compañías irmás TUI fly Belgium, TUI fly Deutschland, TUI fly Netherlands e TUI fly Nordic. Todas as aeroliñas do grupo, agás Corsair International, utilizan agora a marca TUI.

  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Airline data". Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  2. Companies House (ed.). "TUI Airways Limited". Consultado o 11 de novembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy